Sunday 28 de April de 2024

O Concello de Frades convoca as axudas para a reactivación económica e social no termo municipal do PEL-Reactiva


Frades vén de publicar na súa páxina web ( www.frades.gal ) as Bases reguladoras das axudas do Concello de Frades adherido ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña (PEL Reactiva), aprobado onte martes 3 de novembro por decreto de Alcaldía. Unha axudas que teñen como obxectivo impulsar a actividade económica e o emprego nos termo municipal de Frades e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID‐19 nas microempresas e autónomos/as.
A contía destinada a estas axudas é de 36.196,68 euros, dos que a Deputación Provincial da Coruña achega 28.957,34 euros (80%) e o Concello de Frades aporta 7.239,34 euros (20%).
As subvencións oscilarán entre os 1.500 euros para persoas traballadoras por conta propia sen traballadores/as ao seu cargo e os e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e autónomos/as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores/as.
O prazo de solicitude destas axudas por parte das microempresas e profesionais autónomos de Frades iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación no BOP desta convocatoria específica e finalizará ás 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020. Todas as solicitudes tramitaranse de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Frades: https://sede.frades.gal/opencms/gl/ .
Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como pode ser a compra de paneis de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz, gas, etc. Máis información no Concello de Frades (981 695 567) e na web municipal.